viernes, 25 de junio de 2021



FRANCISCO COLLAZO AÑÓN "YULI", Vicepresidente do Club do Mar, é desde onte 25 de xuño 2021,  "Adestrador de Honra" da RFGF e do Comité de Adestradores, nun acto de homenaxe e recoñecemento a 20 entrenadores míticos da Costa, que se celebrou no Centro Cívico de Malpica.
Noraboa compañeiro.


Yuli posando ca Placa conmemorativa


Foto de todos os homenaxeados co Presidente da RFGF
 

lunes, 21 de junio de 2021


¡¡¡ EQUIPO FEMENINO ANOS 80 !!!


Alineación, de arriba de esquerda a dereira: Pura Barreiro, Aurita Amado,  Elvira Lois, Carmiña Ferreiro, Pura Lema, Mari Carmen Collazo e Marga García.
Abaixo de esquerda a dereira: Marita, Estrella Casdelo, Eva Collazo, Belén Carracedo, Teresa e Mariví Souto.














 

viernes, 18 de junio de 2021

 ¡¡¡ A DIRECTIVA DA FINAL DA COPA DA CORUÑA !!!



Foto no Estadio de Riazor da Xunta Directiva do Club do Mar de Caión nos prolegomenos da final da Copa da Coruña da temporada 2015/16, contra o Betanzos, C.F.
Presidida por Daniel Rodríguez García.
De esquerda a dereita; Jorge Amado, Belén Villar, Jesús Golán, Moncho Cotelo, Dani (Presidente), Viginia Lema, Tobi Rodríguez, Roberto Leis, Adrián Chan, Ana Varela, Alex García, Romina Rodríguez, Pancho Fuentes e Héctor Carracedo.

martes, 15 de junio de 2021

 ¡¡¡ FOTOS ANTIGUAS DO CLUB DO MAR '''



Club do Mar, campeón do trofeo das Festas do Carmen do ano 1972

Alineación: arriba de esquerda a dereita; Pachila, Victor Esparza, Carlos Lareo, Machela Collazo, Lolo Verdía, Luis Lareo e Pepe Paulos (Presidente); abaixo de esquerda a dereita; Carballo, Marcelino Marta, Yuli, Tito, Chucho Plumas, Fernando e Julio (D.E.P.).

sábado, 12 de junio de 2021

ADIÓS A BRAIS MONTES GARCÍA

Hoxe despedimos moito o noso pesar a Brais Montes García (Madrid, 1991), preparador físico e 2º adestrador do clube dende a tempada 2017/18, adonde chegou da man do noso adestrador Dani Sánchez.

Brais dende a sua chegada conquistou os corazons de directva, xogadores e afición, polo que deixa un oco importante ca sua marcha.

Foi un dos artífices do ascenso da tempada 2018/19.

Solo desexarlle o meior no seu novo proxecto, así como no persoal a él e a sua familia, e recordarlle que esta será sempre a sua casa e en Caión os seus amigos.

Dracias por todo Brais e non cambies nunca.








lunes, 7 de junio de 2021



 A NOSA CASA DURANTE 30 ANOS

O Campo da Insua de Caión foi a nosa casa durante máis de 30 anos, pero cando desapareceu o clube, a propiedad volveu a Cofradía de Pescadores que a cedera ao club.
Unha vez restablecido o Club, atopámonos orfos de campo, polo que tivemos que afacernos a adestrar e xogar na Porta Santa de Paiosaco, para despois pasar ao campo Municipal da Laracha, que é a nosa sede actual.
A crisis económica do 2008 truncou as esperanzas da construcción do campo que estaba proxectado nos terreos frente o Cemiterio Novo, teremos que agardar tempos meiores.



Foto aérea do Campo da Insua de Caión


Campo Municipal A Porta Santa de Paiosaco


Campo Municipal A Laracha, nosa actual sede