Os inicios do club
O 21 de Marzo de 1965 un grupo de mozos da vila fundaron o Club do Mar de Caión. A asamblea constituinte, da cal se conserva o documento manuscrito orixinal (que se pode considerar a todolos efectos como o acta fundacional),
celebrouse na casa rectoral e parroquial da vila; D. Carlos de la
Fuente, o párroco de Caión actuou de dinamizador e impulsor da idea, e
as fontes consultadas considérano o auténtico precursor da iniciativa.
Formaron parte des primeira xunta directiva: Marcelino Collazo Pardo
(Vicepresidente 1º), Francisco García Ameijeiras (Vicepresidente 2º),
Eladio López Matos (Vicepresidente 3º), Guillermo Iglesias Vázquez
(Secretario), José Antonio Castro Ramos (Vicesecretario) Antonio Lantes
Felípez (Tesoureiro), Santiago Fraga Varela (Vicetesoureiro) e Rodrigo
Barreiros Vila, Miguel Iglesias Vázquez, Marcelino Verdía Freijeiro e
Marcelino Lareo Daviña (Vocais), ademais de Valentín Felípez Leal, que
se convertiría no primeiro presidente do club, ademais dun destacado
extremo. No eido técnico, Marcelino Lareo Daviña (Cheluca) destacou coma
o primeiro adestrador do Club do Mar.
O primeiro terreno de xogo do Club do Mar de Caión estaba no alto da
vila, no Campo da Costa. Os equipos que viñan xogar a Caión baixaban á
vila a cambiarse os vestiarios que se habilitaron nos baixos da cofradía
de pescadores, subindo despois ó campo en autobuses. Ó rematar o
partido baixaban a ducharse, mentras os aficionados comentaban o partido
nos bares.
Ahí empezou a singladura do Club do Mar como equipo federado. O
terreno de xogo ainda se podia distinguir claramente ata fai unha ducia
de anos. Atopar unha ubicación válida para o campo de futbol foi unha
tarefa moi complicada xa que o minifundismo combinado coa especial
orografia desta fermosa vila non permiten encontrar con facilidade os
5.000 ou 6.000 m2 necesarios para practicar este deporte. Pero as ganas e
o interés en resolver a cuestión do terreno de xogo sumaron máis que as
dificultades, e finalmente o Club do Mar tivo o seu campo de futbol.
Campo de futbol, que, dito sexa de paso, foi construído co esforzo e a
colaboración desinteresada de moitos dos veciños, os mesmos que acudían
en masa a presenciar os partidos do Club do Mar.
O partido inagural do Campo da Costa disputouse contra o Sporting
Ciudad de A Coruña, empatando 5-5 no tempo regulamentado, gañando o Caión os penaltis (O campo foi bendecido polo cura Carlos de la Fuente, oficiando de madriña a señorita Olguita Lareo), e a primeira equipación oficial foi estreada contra o
Vilarrodís (que por aquel entón tamén tiña equipo). A primeira
alineación tipo era a formada por: Miguel, Santiago, Collazo, Xanete,
Verdía, Marchela, Domingo (José Castor), Valentín, Mateo, Maceiras e Che. Os primeiros anos
do Club do Mar foron de competición na zona de Arteixo: Peñarol (de
Lañas), Larín, Campanal (de Loureda) e o Catuxa, entre outros, foron os
rivais a partir do ano 1965. Na temporada do ano 1968 o Club do Mar
proclamouse campeón xogando contra o Campanal e conqueriu o seu primeiro
ascenso. Fernando González Taboada era o presidente e antes que él xa o foran Valentín Felípez e José María Fuentes(‘o negro’).
A finais da temorada 1969/70. e debido as normas da RFGF sobre os campos de fútbol, o Club do Mar e varios equipos mais tuveron que abandoar a competición para sempre, Catuxa eo Bens, outros como o Pastoriza, Oseiro, Suevos e Larin temporalmente.
Os anos dourados
VOLVEMOS na temporada 1972/73, xa que a Cofradía de Pescadores, cedeu o uso duns
terrenos da sua propiedade na Insua e construiu un campo de fútbol que cedeu 50 anos o Club para que co cuarto presidente
(Pepe Paulos) se inaugurara o novo campo de futbol da Insua. Este é o campo
mais coñecido do Club do Mar. En el disputou, prácticamente 30 anos
consecutivos de competición, primeiro na liga das mariñas (Marino de
Mera, Perillo, Suevos, Oseiro, Larín,…) e do 1985 ó 1998 na Liga da
Costa (Malpica, Laxe, Muxía, Fisterra, Muros, Corme, Cee,…). Cholo,
Javier, Cabezas e Elisardo completaron o grupo de presidentes na zona
das mariñas, e con Elisardo e Valentín foi na zona da costa onde o Club
do Mar conqueriu os seus anos de explendor. O primeiro ano (temporada
1985/1986), militando en 2ª categoria rexional, acadou a final da
prestixiosa Copa da Costa con Francisco Collazo (Juli) de adestrador. O
Carnota, que competia no grupo de primeira rexional, foi o obstáculo que
impediu levantar o preciado trofeo (0-0 e 0-1). No ano 1987 ascendeuse a primeira
rexional, donde se permaneceu durante 4 temporadas (dende a 87/88 á
90/91). En este périplo, o Club do Mar consolidouse entre os mellores
equipos da competición, acadando sempre os primeiros postos da liga e
disputando de novo á final de copa na temporada 1990/1991. De xeito
ilustrativo, indicar que no campo da Insua durante estos anos
practicamente non se perdia ningún partido (un ou dous como máximo por
temporada) e que o futbol do Club do Mar era recoñecido pola prensa coma
o ‘mellor da categoría’. Foi durante estes anos nos que o campo da
Insua experimentou unha importante transformación: vestuaríos modélicos e
gradas cubertas a ambos lados do campo eran elementos insólitos en
campos que non tiveran caracter municipal (como era o caso do campo da
Insua). O milagro deportivo e de infraestructuras do club estivo
cimentado no esforzo de Elisardo e Valentín Felípez (presidentes),
Marcelino Collazo (secretario), Jesús Veiga (‘Fontanero’), Nión,
Machela, Monchiño, Félix, Manolo, Paxariño e moitos máis colaboradores
que dedicaron unha importante parte da súa vida a facer un Club do Mar
máis grande.
Nun lugar destacado hay que poñer a Pepe Paulos que tubo que torear coa desaparición do Campo da Costa e loitar largo e tendido para conseguir que se fixera o Campo da Insua por parte da Cofradía de Pescadores, dedicandolle moitos días, meses, e por suposto cartos, o igual que o seu lugarteniente na directiva Francisco López García (Paco de Esther) que foi outro dos "culpables" de que o Club do Mar non desaparecera a base de traballo e poñer cartos (Paco foi un dos grandes olvidados da historia do Club)..
Nun lugar destacado hay que poñer a Pepe Paulos que tubo que torear coa desaparición do Campo da Costa e loitar largo e tendido para conseguir que se fixera o Campo da Insua por parte da Cofradía de Pescadores, dedicandolle moitos días, meses, e por suposto cartos, o igual que o seu lugarteniente na directiva Francisco López García (Paco de Esther) que foi outro dos "culpables" de que o Club do Mar non desaparecera a base de traballo e poñer cartos (Paco foi un dos grandes olvidados da historia do Club)..
Final da 1ª etapa
O Club do Mar abandonou voluntariamente a primeira rexional no
temporada 1990/1991. Este ano formouse a primeira rexional coma
categoria única provincial. O Club do Mar tiña dereito a praza nesta
elitista categoría, pois rematou a temporada entre os catro primeiros
clasificados (esta era a condición para os equipos participantes nos
múltiples grupos de primeira rexional que existían naquel momento na
provincia) pero a análise de viabilidade que fixo a Xunta Directiva
aconsellou non embarcarse nesta nova aventura.
A partires deste momento o Club do Mar competiu en 2ª e 3ª rexional
na zona da costa, ata a temporada 1997/1998 e en 3ª rexional na zona do
interior na temporada de reaparición sendo Toribio o seu último
presidente.
Durante todos estos anos, o Club do Mar converteuso nun referente
tanto dentro coma fora da vila de Caión. Para os caioneses sempre supuxo
unha bandeira a que se acompañaba tanto nos partidos que se xogaba coma
local, coma nos desplazamentos como visitante.
Categorías inferiores
As categorias inferiores que tivo o Club (sempre houbo xuveniles, e
alguns anos tamen infantiles e cadetes) foron a ilusión e acercamento ó
deporte da práctica totalidade dos rapaces da vila. Todolos nenos
soñaban con poder vestir a elástica ‘dos maiores’, e os xogadores do
primeiro equipo eran para eles importantes referentes. O principal
obxetivo destas categorias sempre foi dar unha alternativa de ócio
saudable aos rapaces, na que se adquirían hábitos de disciplina e
convivencia, pero adicionalmente estas categorias nutriron o Club do Mar
(e a outros clubs de ligas maiores) dunha destacada canteira que dou
sempre un excelente resultado. Non era raro, por tanto, ver a moita
xente asistir os partidos das categorias inferiores para disfrutar da
competición das xoves promesas.
Sección feminina
Mención específica merece a sección feminina de fútbol do Club do
Mar, a cal competiu en difrentes trofeos desde o ano 1981 até o 1986,
acadando un importante número de victorias que fixo que foran
consideradas a escadra máis potente da zona, capitaneadas por Clara e
coa importante labor de Gelines, Begoña, Mari Luz, María Jesús, Carmiña, Pili, Milagros, Lolita Golán, Loli, Mariví, etc., e
moitas outras rapazas do pobo que nos permitiron ter unha óptica
diferente da competición futbolística.
Club do Mar femenino 1985 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario