viernes, 22 de septiembre de 2023

lunes, 18 de septiembre de 2023

2ª XORNADA DE LIGA PRIMEIRA GALICIA - GRUPO 1º 

Domingo 17 de setembro - Municipal da Laracha - 18 horas

LARACHA, CF  -  CLUB DO MAR.-  1 - 2

GOLES: 0-1.- Tiago Mendes, minuto 76

0-2.-  Totó, minuto 80

1-2.-  Maki, minuto 92

Laracha,C.F.- Trigo, Rebolo, Kevin (Lorenzo, 79), Nacho (Raúl 69), Iván, Mario Vila, Mato, Gesto, Diego, Fariña (Jonathan, 73) y Javier (Minolo, 69).

Club do Mar.- Serrano, Pallín (Méndez, 71), Iriso (Joseba, 5), Isma, Diego, Montes (Tiago, 60), Martí, Ashier, Dopico, Luis Castelo  (Domato, 60) e Totó.

O Club do Mar de Caión, foi o vencedor do derbi do Concello da Laracha celebrado onte, domingo 17 no Municipal da Laracha, que rexistrou unha excelente entrada de siareiros de ambos equipos.

Clásico partido de derbi, pouco fútbol e moita pasión, a primeira parte foi insumible, erros e perdas contínuas de balón por ambos equipos e practicamente ningunha ocasión.

Na segunda parte e cando iban transcurrindo os minutos, os da Vila mariñeira deron un paso o frente e empezaron a buscar a portería local ante un equipo larachés que empezou a sufrir o desgaste físico e loitaban mais con corazón que cabeza. A entrada de Tiago Mendes nos de Caión, doulles un plus, e na primeira oportunidade que tuvo, aproveitou unha indecisión de porteiro e central para rematar de cabeza o fondo das mallas o primeiro gol. Seguiron a dominar a bola os caioneses e os poucos minutos en xogada persoal, Totó subeu o 0-2 o marcador.

Cando todos esperaban o pitido final, chegou un erro defensivo visitante que ye permitiu a Maki reducir distancias, pero xa non quedaba tempo para mais..

     Foto.- Alegría dos caioneses nos vestiarios o finalizar o partido.