lunes, 23 de mayo de 2022

 A LXXXIV EDICIÓN DA COPA DA CORUÑA, PON O PUNTO E FINAL A TEMPADA 2022





 FASE PERMANENCIA PRIMEIRA GALICIA GRUPO D-1 CORUÑA-FERROL

CLUB DO MAR. - 3 (Tiago 2 e Martin)
CLUB TORRE. - 0
Finalizou unha tempada 2021/22 coa victoria dos caioneses e que se aseguran a permanencia un ano mais na Primeira Galicia.
Foi unha tempada muy marcada pola "pandemia", donde o sistema de liga de dous grupos eo seu posterior play off pola permanencia en grupos de 5, foi unha proba durísima para os clubs, polo que mandamos o noso apoio para os clubs que perderon a categoría.
A tempada suspendida pola pandemia deixou unha plaga de lesions, no que un equipo como o noso sin categorías base, padeceu a falta de xogadores e en alguns momentos, tivemos que presentarnos con 11 xogadores eo porteiro suplente por falta de efectivos, varios con lesions graves
O noso agradecemento a xogadores, técnicos e aficionados por este novo reto conseguido da permanencia.
Desde o Club damoslle as gracias as empresas que nos apoian, así como esperamos seguir contando co seu apoio.
FORZA CAIÓN!!!








miércoles, 18 de mayo de 2022

 PEDACIÑOS DA NOSA HISTORIA: (2)

Unha ves constituida a acta fundacional da Asociación Deportiva Club do Mar e elexida a primeira Xunta Directiva do Club, ahora os seguintes pasos é buscar os terreos para ubicar o campo de futbol.
Despois de moitas xestions, debido o minifundismo dos terreos no casco urbán, non quedaron mais opciones que facelo no Campo da Costa, o único sitio donde se podían conseguir os 5 ou 6 mil metros cadrados que facian falla.
Para a posta en marcha do campo, movilizaronse a maioria dos veciños para que esa ilusión fora realidade.
O partido inaugural, celebrouse contra o Sporting Ciudad da Coruña (finalizando con empate a 5-5, e gañando os de Caión os penaltis).

A instalación foi bendecida nos prolegomenos do partido polo cura de Caión e un dos precursores da idea, Carlos de la Fuente, oficiando de madriña a moza caionesa, Olga Lareo Fuentes.
Alineación: Miguel, Santiago, Collazo, Xanete (D.E.P.), Marcelino, Machela, Domingo (D.E.P.), Valentín, Mateo (D.E.P.) Maceiras e Che.
O adestrador era Marcelino Lareo Daviña "Cheluca" (D.E.P).

(Fotos: do equipo, da madiña e de Carlos de la Fuente).





martes, 3 de mayo de 2022

 PEDACIÑOS DA NOSA HISTORIA:

Fai uns días, cumprironse 57 anos da fundación do Club do Mar de Caión.
O 21 de marzo de 1965, un grupo de mozos do pobo capitaneados polo cura párroco Carlos de la Fuente, formalizaron con unha Asamblea Constituinte o Acta fundacional na Casa Rectoral Parroquial da Vila. que se encontraba ataigada de xente.
A continuación, procedeuse a elexir a primeira Xunta Directiva que estivo formada por:
Presidente: Valentín Felipez Leal
Vicepresidente 1°: Marcelino Collazo Pardo
Id. 2°: Francisco García Ameijeiras
Id. 3°: Eladio López Matos
Secretarío: Guillermo Iglesias Vázquez
Vicesecretario: José A. Castro Ramos (D.E.P)
Tesoureiro: Antonio Lantes Felipez (D.E.P.)
Vicetesoureiro: Santiago Fraga Varela
Vocales:
Rodrigo Barreiros Vila ( D.E.P.)
Miguel Iglesias Vázquez
Marcelino Verdía Freijeiro
Marcelino Lareo Daviña (D.E.P.)
(Fotos do equipo en diversas etapas da historia hasta a actual)