domingo, 31 de agosto de 2025

 PRESENTACIÓN OFICIAL DA NOVA SECCIÓN DO CLUB:

VETERANOS CLUB DO MAR

Con motivo da primeira eliminatoria da Copa da Coruña da Federación Galega de Fútbol, fixo a sua presentación, o novo equipo de Veteranos do Club do Mar de Caión.

ADR VETERANOS DE ARANGA.- 1

VETERANOS CLUB DO MAR.-     3

Bon comezo do equipo de veteranos que se impuxo a domicilio no sempre difícil campo de Aranga.

Felicitar os xogadores e técnico e desexarlles que sexa o principio de moitos exitos e que defendan o bon nome do equipo e do pobo de Caión, tanto dentro como fora do campo.


Foto do equipo na presentación en Aranga

sábado, 30 de agosto de 2025

 PRETEMPADA 2025/26

San Tirso, S.D.- 1
Club do Mar.- 5
1-0.- Poulo (min. 7)
1-1.- Gabi Gomez(min. 20)
1-2.- Gabi Gómez(min. 34)
1-3.- Totó (min. 50)
1-4.- Hugo (min.60)
1-5.- Iker Villar (min.78)
Gran partido do equipo da Vila mariñeira de Caión, que soupo sobrepoñerse a saida fulgurante dos locales que os 7 minutos xa gañaban 1-0 con gol de Poulo.
Puido conseguir o segundo o San Tirso, pero o porteiro visitante Rama anduvo listo.
A partir de esta xogada os de Caión deron un paso o frente, empezando a dominar o partido, e chegou o empate de espectacular remate de Gabi de cabeza.
Os da Vila mariñeira fixeronse donos absolutos do encontro, e un novo golazo de Gabi desde fora da área puxo o Caión en ventaxa, chegandose o descanso.
Sairon os de Dani Sánchez muy concentrados e seguiron dominando o partido, e foron chegaron os goles, Totó de cabeza o 1-3, Hugo García de zurdazo desde fora da área e Iker Villar, puxo o 1-5 final.
Partido notable de todos e cada un dos xogadores.
Pinta ben o equipo de Caión, con unha gran plantilla e boa dirección, Dani Sánchez e David Mosquera, teñen o equipo como Motos.
Xogador MVP hoxe creemos que o merece Gabi Gómez, polos seus golazos e a sua loita ca defensa local.



miércoles, 27 de agosto de 2025

 


  TROFEO FESTAS DE CAIÓN 2025






 AMISTOSO PRETEMPADA

CLUB DO MAR.- 3
CD MARTE.- 0
1-0.- Totó
2-0.- Totó
3.-0.- Doble G
Tarde de vran no Municipal larachés para a disputa do amistoso de pretemporada entre o locatario Club do Mar de Caión e o CD Marte do coruñés barrio de Monte Alto, ambos de Primeira futgal, grupos 2° e 1°.
Os da Vila mariñeira sairon con presión alta e dificultaron a saida do balón dos coruñeses.
O gran traballo dos locais pronto dou os seus frutos, con dous goles de Totó antes do descanso en xogadas do equipo caionés.
Na segunda parte os de Caión xogaron con un equipo novo a excepción do porteiro Pablo.
O bon facer dos caioneses da a imaxen de que están traballando mui ben e logo ese traballo reflesaxe no campo.
O tres a cero subiu o marcador tras un penalti lanzado por Doble G.
Bon ambiente na grada e deportividade no campo.
Xogador MVP para Totó