lunes, 15 de julio de 2019

Nomes propios do Club do Mar

Manuel Muiño García "Cabezas" (A Lagoa/Arteixo, 1952), é unha desas persoas que sempre recordas vinculadas de unha ou outra forma o Clube, pasou por todos os destinos do Clube, colaborador, directivo, presidente, delegado.
Na actualidade é directivo, xa que o final da temporada 2015/16 e ca dimisión da xunta directiva, xa se ofreceu a axudar a quen se fixera cargo do Clube, leva tres temporadas e solo faltou un día a un entrenamento.
Desde cando levas vinculado ao Club do Mar?
-Dende 1979 aproximadamente
Fuches xogador do Club do Mar?
- Non, eu xoguei en xuvenis no desaparecido Penouquiera de Arteixo, o Caión non tiña xuvenis, pero en modestos xa non cheguei a xogar porque emigrei a Suiza.
Porque te fixeches seguidor do Club do Mar, non sendo do pobo?
- Desde pequeno me gustou porque meu pai iba o mar en Caión.
Cando fuche Presidente?
Non me acordo a fecha exactamente, relevei a Javier e a mín Lisardo López.
Logo con Lisardo fun o Delegado dos Modestos
Cantos recordos de tantos anos?
Bos e malos, ascensos, duas finales da Copa da Costa, a final da Copa da Coruña, pero un dos que mais lembro foron esta temporada, porque te vas facendo vello e eres mais emotivo, foi o día do meu cumpleanos xogando en Oleiros contra o Deportivo Obrero, marcou José o Suizo o primeiro gol e viñeron a dedicarmo todos os xogadores do equipo a banda, foi mui emotivo, porque ves que che recoñecen o día a día nos entrenamentos, e eso como non che vai a gustar e tamen lembro o dia do ascenso.
E ahora xa xubilado da tua profesión, outra ves o lío?
Home eu seguía o equipo, chegan a final soñada da Copa da Coruña, e en Riazor enterome que a directiva vay presentar a dimisión irrevocable, bufff o primeiro que se me ocurriu foi que eu poñíame a disposición de quen se fixera cargo, e colleuno Manel e Yuli, falamos e ahí levamos 3 temporadas xa.
Veslle futuro o Club do Mar?
Home de momento si, temos un moi bon grupo de directivos, un bon e serio corpo técnico e unha plantilla extraordinaria que che da animos a seguir un pouco mais.
Algo mais Manolo?
Solamente decirlles os seguidores que se fagan socios e apoien un pouco mais o Club do Mar, que os que diriximos o Clube e os entrenadores e xogadores van dalo todo polos colores e o escudo deste humilde pero gran clube.


No hay comentarios:

Publicar un comentario