O DOMINGO DERBI NO CONCELLO DA LARACHA
CLUB DO MAR - LARACHA, C.F.
CAMPO MUNICIPAL DA LARACHA
AS 16,30 HORAS
HISTORIA DOS CLUBS
CLUB DO MAR: O Club foi fundado o 21 de marzo de 1965 por un grupo de mozos do pbbo baixo a dirección do Cura do pobo.
Na asamblea celebrada na Casa Rectoral, decidiuse por maioría, nomear o que sería o seu primeiro Presidente, D. Valentín Felípez Leal.
O primeiro campo de fútbol do Club do Mar, foi o "Campo da Costa" que se atopaba no lugar do que colleu o nome e que estaba a 1 km do pobo na carretera de Carballo.
Manel Raposo e o actual Presidente, o equipo adestra e xoga os seus partidos como local, no Municipal da Laracha.
LARACHA, C.F.: Este Clun foi fundado tamen no ano 1965 por un grupo de xente do pobo da Laracha capitaneado co que foi o primeiro Presidente, D. Maximino Canedo González (Montesclaros).
O Laracha comenzaría a sua traxectoria disputando os seus partidos de local, no campo "da Brea" na carretera xeral da Coruña a Carballo.
Juan José Fuentes e o actual Prrsidente, o equipo adestra e xoga como local no Municipal da Laracha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario