viernes, 2 de mayo de 2025

 33º XORNADA DE LIGA PRIMEIRA FUTGAL - GRUPO 2º

O próximo domingo día 4 de maio, xogamonos o todo ou nada no Campo Municipal da Laracha contra a UD Carral, as 19,00 horas.

Pedimosvos os nosos socios, siareiros e veciños, que veñades a apoiarnos, xa que nos xogamos en un partido todo o traballo de 10 meses de competición e que estanos costando mais do debido nos últimos partidos, que nos fixeron perder o primeiro posto que da o ascenso directo, polo que temos que gañar o domingo para meternos en postos de play off.





  

OCTAVOS DE FINAL DA LXXXII EDICIÓN COPA DA CORUÑA

 O AT MONTAÑEROS, clasificouse para cuartos de final de la LXXXI Copa da Coruña 2024/25, o vencer no Municipal da Laracha o Club do Mar de Caión por 0-1, gol de Cano no minuto 94.

Árbitros: Miño, Acuña y Carro (notables)
CLUB DO MAR: Lamela, Martín (Hugo), Toti (Vila), Totó, Garrote, Feal, Iriso, Ashier (Diego), DobleG (Tiago), Dani e Mateo.
AT MONTAÑEROS: Moreno, Samuel, Lucas, Unai, Izan, Alex, Rodrigo (Cano), Currás (Sande), Pape (Real), Suárez (Jhonatan) e Otero (Mato).
INCIDENCIAS: Bon partido e bon ambiente no Municipal larachés no partido entre o MONTAÑEROS coruñés (recentemente ascendido a Terceira Federación), e o Club do Mar de Caión.
Os caioneses deron a cara en todo momento e tiveron as suas ocasions, debido a unha gran disposición táctica de Dani Sánchez técnico caiones.
Mais posesión dos da Coruña, pero con apenas ocasions de gol, os da Vila mariñeira nunca ye perderon a cara o partido.
Un tiro de Iago Feal o longueiro puido adiantar os locales, equipo que demostrou porque están na lloita polo play off da Primeira futgal.
O partido resolveuse cando xa se esperaba a chegada dos penaltis, nun centro lateral, o veterano Cano de perfecto remate de cabeza, mandou o balón o fondo da rede, intentarono os locais nos últimos minutos pero non tiveron fortuna.
DESTACADOS: ben en xeral ambos equipos, os de Caión con un notable, ainda que e de xusticia destacar os veterans, o extremo Luis G Garrote e o central Cristian Iriso que hoxe mereceron un sobresainte.


Luis G. Garrote e Cristian Iriso