domingo, 31 de agosto de 2025

 PRESENTACIÓN OFICIAL DA NOVA SECCIÓN DO CLUB:

VETERANOS CLUB DO MAR

Con motivo da primeira eliminatoria da Copa da Coruña da Federación Galega de Fútbol, fixo a sua presentación, o novo equipo de Veteranos do Club do Mar de Caión.

ADR VETERANOS DE ARANGA.- 1

VETERANOS CLUB DO MAR.-     3

Bon comezo do equipo de veteranos que se impuxo a domicilio no sempre difícil campo de Aranga.

Felicitar os xogadores e técnico e desexarlles que sexa o principio de moitos exitos e que defendan o bon nome do equipo e do pobo de Caión, tanto dentro como fora do campo.


Foto do equipo na presentación en Aranga

sábado, 30 de agosto de 2025

 PRETEMPADA 2025/26

San Tirso, S.D.- 1
Club do Mar.- 5
1-0.- Poulo (min. 7)
1-1.- Gabi Gomez(min. 20)
1-2.- Gabi Gómez(min. 34)
1-3.- Totó (min. 50)
1-4.- Hugo (min.60)
1-5.- Iker Villar (min.78)
Gran partido do equipo da Vila mariñeira de Caión, que soupo sobrepoñerse a saida fulgurante dos locales que os 7 minutos xa gañaban 1-0 con gol de Poulo.
Puido conseguir o segundo o San Tirso, pero o porteiro visitante Rama anduvo listo.
A partir de esta xogada os de Caión deron un paso o frente, empezando a dominar o partido, e chegou o empate de espectacular remate de Gabi de cabeza.
Os da Vila mariñeira fixeronse donos absolutos do encontro, e un novo golazo de Gabi desde fora da área puxo o Caión en ventaxa, chegandose o descanso.
Sairon os de Dani Sánchez muy concentrados e seguiron dominando o partido, e foron chegaron os goles, Totó de cabeza o 1-3, Hugo García de zurdazo desde fora da área e Iker Villar, puxo o 1-5 final.
Partido notable de todos e cada un dos xogadores.
Pinta ben o equipo de Caión, con unha gran plantilla e boa dirección, Dani Sánchez e David Mosquera, teñen o equipo como Motos.
Xogador MVP hoxe creemos que o merece Gabi Gómez, polos seus golazos e a sua loita ca defensa local.



miércoles, 27 de agosto de 2025

 


  TROFEO FESTAS DE CAIÓN 2025






 AMISTOSO PRETEMPADA

CLUB DO MAR.- 3
CD MARTE.- 0
1-0.- Totó
2-0.- Totó
3.-0.- Doble G
Tarde de vran no Municipal larachés para a disputa do amistoso de pretemporada entre o locatario Club do Mar de Caión e o CD Marte do coruñés barrio de Monte Alto, ambos de Primeira futgal, grupos 2° e 1°.
Os da Vila mariñeira sairon con presión alta e dificultaron a saida do balón dos coruñeses.
O gran traballo dos locais pronto dou os seus frutos, con dous goles de Totó antes do descanso en xogadas do equipo caionés.
Na segunda parte os de Caión xogaron con un equipo novo a excepción do porteiro Pablo.
O bon facer dos caioneses da a imaxen de que están traballando mui ben e logo ese traballo reflesaxe no campo.
O tres a cero subiu o marcador tras un penalti lanzado por Doble G.
Bon ambiente na grada e deportividade no campo.
Xogador MVP para Totó



viernes, 22 de agosto de 2025

 PARTIDO AMISTOSO

Club do Mar. - 3
Imperator OAR. - 0
1-0.- Martín Baldomir
2-0.- Mario Vila
3-0.- Alex Romero
Bon partido o celebrado onte xoves no Municipal da Laracha entre dous equipos que apostan polo bon fútbol.
Boa primeira parte con un 1-0 o descanso.
A boa pretemporada dos locais, estase vendo reflexada nos partidos amistosos celebrados ata o momento.
Os da Sagrada Familia, un equipo muy xoven que da gusto velos xogar e que darán moitos disgustos os contrarios na liga.
O local Alex Romero xogador MVP





martes, 19 de agosto de 2025

sábado, 16 de agosto de 2025

 TROFEO CONCELLO DA LARACHA DE FÚTBOL

O Club do Mar de Caión, proclamouse gañador do Trofeo triangular "Concello da Laracha" de fútbol.
Os de Caión, gañaron no primeiro partido a UD Paiosaco por 1-0, con gol de Totó.
Empataron 1-1 co Xuventude da Laracha, e o UD Paiosaco gañoulle o Xuventude de Laracha por 1-0.
Extraordinaria tarde de vran, con 30° grados de temperatura e nun Municipal abarrotado de siareiros, presenciando a festa anual do fútbol do Concello da Laracha.
Partidos moi igualados e moita ilusión nas gradas para ver gañar os seus equipos ante os dos veciños.
Bon ambiente e moita deportividade no campo e na grada.
O Alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, fixo entrega do trofeo o Club do Mar de Caión como gañador desta edición, a concelleira de Deportes, Patricia Bello, o subcampeón UD Paiosaco, e o concelleiro de Caión, Alberto Blanco o terceiro clasificado Xuventude Laracha.


O noso capitán, Diego Martínez, recibindo o trofeo de mans do Alcalde


Foto de la plantilla, corpo técnico e directiva co trofeo conquistado








jueves, 14 de agosto de 2025

 TROFEO CONCELLO DA LARACHA

Mañán 15 de agosto

Municipal A Laracha

Triangular:

            

As 18 horas:   CLUB DO MAR - UD PAIOSACO

As 19 horas: XUVENTUDE LARACHA - CLUB DO MAR

As 20 horas: UD PAIOSACO - XUVENTUDE LARACHA



 SEGUNDO PARTIDO AMISTOSO DE PRETEMPORADA

CLUB DO MAR.- 2   (Diego Martínez e Willy)

CLUB TORRE.-   2    (Alex Pérez e Jean Franco)

Partido de pretemporada o celebrado no Municipal da Laracha, entre dous equipos que militan na misma categoría, Primeira futgal, os locais no grupo 1º e os coruñeses no grupo 2º. 

Entretido partido e muy disputado que tuvo duas partes distintas, a primeira parte os locais foron superiores e na segunda os de Monte Alto estuveron meior.

Ambos equipo deixaron boa imaxen sobre o extraordinario tapete do campo municipal da Laracha.

Os locais xogaron con dous onces distintos na primeira e segunda parte, os visitantes tamén fixeron moitos cambios.

Estos partidos valen para que os adestradores poidan ir correxindo cousas e ver a todos os xogadores en acción.


 

domingo, 10 de agosto de 2025

 


El Club Do Mar, bajo las órdenes de Daniel Sanchez Rodriguez, se impuso en el campo municipal A Laracha, al SD San Lorenzo Verdillo, que dirige Iván Rojo Pombo, por 3-0,no primeiro amistoso da pretempada.

Buen ambiente en las gradas del campo municipal Concello da Laracha, con un centenar de aficionados en las gradas.
1-0, Mario Vila, de penalti
2-0, Iker Villar
3-0, Willy Regueira
A pesar de la derrota, el equipo de SD San Lorenzo Verdillo causó una buena impresión y augura que va a realizar una gran temporada en la Segunda Futgal Costa, puesto que los caioneses militan en la Primera Futgal y en el pasado ejercicio estuvieron en un tris de lograr el ascenso después de casi toda la temporada ocupando la primera posición de la clasificación.




sábado, 2 de agosto de 2025