sábado, 16 de agosto de 2025

 TROFEO CONCELLO DA LARACHA DE FÚTBOL

O Club do Mar de Caión, proclamouse gañador do Trofeo triangular "Concello da Laracha" de fútbol.
Os de Caión, gañaron no primeiro partido a UD Paiosaco por 1-0, con gol de Totó.
Empataron 1-1 co Xuventude da Laracha, e o UD Paiosaco gañoulle o Xuventude de Laracha por 1-0.
Extraordinaria tarde de vran, con 30° grados de temperatura e nun Municipal abarrotado de siareiros, presenciando a festa anual do fútbol do Concello da Laracha.
Partidos moi igualados e moita ilusión nas gradas para ver gañar os seus equipos ante os dos veciños.
Bon ambiente e moita deportividade no campo e na grada.
O Alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, fixo entrega do trofeo o Club do Mar de Caión como gañador desta edición, a concelleira de Deportes, Patricia Bello, o subcampeón UD Paiosaco, e o concelleiro de Caión, Alberto Blanco o terceiro clasificado Xuventude Laracha.


O noso capitán, Diego Martínez, recibindo o trofeo de mans do Alcalde


Foto de la plantilla, corpo técnico e directiva co trofeo conquistado








No hay comentarios:

Publicar un comentario