viernes, 7 de noviembre de 2025

Onte xoves, foi operado de rotura de ligamento cruzado anterior e menisco no hospital Quirón da Coruña polo doutor Gayoso, o noso xogador, Rubén Pallín González (A Coruña, 2003).

Dentro dunha semana xa comezará a conta atrás para a sua recuperación.
Rubén Pallín resultou lesionado na 4° xornada de liga no Campo Municipal de Brión, ante o equipo local, UD Bastavales, o pasado domingo 29 de setembro.
Toda a familia do Club do Mar de Caión, desexamoslle unha pronta recuperación, xa que aparte de ser un dos xogadores mais importantes da plantilla, e un dos mais queridos polos compañeiros, directivos e siareiros.
Pallín chegou o Club do Mar na pretemporada 2021/22, procedente do Xuvenil de liga Nacional do Calasanz coruñés.
"FORZA PALLO", queremoste




No hay comentarios:

Publicar un comentario