lunes, 8 de junio de 2026

O CLUB DO MAR DE CAIÓN,  FAI PÚBLICA A RENOVACIÓN DO SEU ADESTRADOR, O CORUÑÉS DANIEL SÁNCHEZ RODRÍGUEZ "DANI", UNA TEMPADA MÁIS QUE SERÁ A 10ª CONSECUTIVA.



Nos próximos días, o Club irá comunicando as renovacions e os fichaxes para a próxima tempada 2026/27

 PLAY OFF DE ASCENSO PREFERENTE FUTGAL

PARTIDO DE VUELTA DE SEMIFINALES (1-1)

CLUB DO MAR.-           1

GALICIA MUGARDOS.- 3

Non puido ser, o Galicia Mugardos gañou o partido de volta na prórroga e xogará a final polo ascenso contra o Gondomar.

Felicitar os mugardeses e desexarlles sorte nos próximos partidos, xa que teñen un moi bon equipo con xogadores de nivel.

Hoxe perdimos un partido, pero  gañamos  unha afición que nos seguistedes durante toda a tempada por todos os campos do Grupo 2º da Primeira futgal, apoiando sempre o equipo, tanto nas boas como nas malas, polo que desde o Club do Mar sólo nos queda darvos as gracias e que nos perdoedes por non poder haberbos dado esa alegría con un triunfo que nos permitira a todos seguir soñando unas semanas máis.

Sólo prometervos que voltaremos máis fortes.

¡Gracias afición, fostedes unha parte muy importante da gran tempada realizada polo equipo!.


ONTE O VERDADEIRO MVP,  FOI A NOSA AFICIÓN


miércoles, 3 de junio de 2026

Mañán domingo, o Club do Mar de Caión, pode facer historia si consigue eliminar o Galicia de Mugardos nas semifinais do play off de ascenso a Preferente futgal e clasificarse para a final a doble partido contra o gañador da eliminatoria entre o Gondomar e o Ribadeo (IDA 1-1).

Desde o Club solicitamos os socios, siareiros e simpatizantes que enchan o Municipal e apoien o Club do Mar e que entre todos fagamos historia e honremos a todos e cada unha das persoas que pasaron por o clube, xogadores, adestradores, directivos, socios, simpatizantes e siareiros, moitos deles que xa non están entre nos,, pero que alá donde se encontren, seguro que nos están apoiando.,.
Asimismo, queremos ter un recordo para os fundadores do club, alguns deles xa falecidos (D. José Antonio Castro Ramos, D. Antonio Lantes, D. Rodrigo Barreiro e D. Marcelino Lareo Daviña, así como o impulsor D. Carlos de la Fuente, cura parroco de Caión), así como os fundadores que ainda se encontran entre nos, como o ex presidente D. Valentín Felipez, é os directivos, D. Marcelino Collazo, D. Francisco García Ameijeiras, D. Eladio López Matos, D. Marcelino Verdía Freijeiro, D. Miguel e D. Guillermo Iglesias Vázquez e D Santiago Fraga.
¡FORZA CAIÓN!

martes, 2 de junio de 2026

 


PLAY OFF DE ASCENSO A PREFERENTE FUTGAL

PARTIDO DE VOLTA SEMIFINAIS (1-1) 

DOMINGO 7 DE XUÑO

CAMPO MUNICIPAL DA LARACHA

AS 18,30 HORAS

CLUB DO MAR - GALICIA DE MUGARDOS 

¡AXUDANOS A SOÑAR, NECESITAMOSVOS!

¡ENCHAMOS O MUNICIPAL DE BLANCO! 

lunes, 1 de junio de 2026

 Play off de ascenso a Preferente futgal:

GALICIA MUGARDOS.- 1
CLUB DO MAR.- 1
1-0.- Vicente (min. 38)
1-1.- Isma (min.65)
Árbitros: Piñeiro, Estraviz e Lobato (notable)
GALICIA MUGARDOS: David, Alberto, Sergio, Vicente, Dopico, Iker (Lamigueiro), Julián, Florin (Antón), Gabarre (Hugo), Seijo (Miguel) e Martínez (Noel).
CLUB DO MAR: Rama, Isma, Martín, Capi, Dani, Totó, Tiago (Jacobo), Vila, Garrote (Mateo), Baldomir (Romero) e Ashier.
COMENTARIO: Gran e deportivo ambiente nas gradas do Municipal A Pedreira de Mugardos para ver a disputa do partido de IDA do play off de ascenso a Preferente futgal, nunta tarde primaveral.
Saliu moi enchufado o equipo local, ante o equipo da Vila mariñeira da Costa da Morte, que estiveron máis nerviosos que de costumbre, así como ter que adaptarse o terreo de herba natural, uns minutos antes do gol local, Rama salvou un gol con unha gran estirada.
Pouco a pouco o equipo visitante foi contrarrestando o dominio dos locais, que se adiantaron no marcador nun erro da defensa caionesa.
Na segunda mitade, os de Caión comezaron a manexar máis o balón e no minuto 65, no lanzamento de un corner táctico, rematou Isma o fondo da rede I
o gol do empate. Na seguinte xogada, Romero tubo nas suas botas o segundo para os de Caión pero os reflexos do meta local David, evitou o que podría haber sido un golazo. A continuación, Rama fixo unha gran parada en tiro desde o vértice da área.
DESTACADOS: Bo partido do Galicia, ainda que e destacar que Vicente, Julián, Florin e o meta David estiveron por riba dos demais.
Polos de Caión, non foi o seu meior partido, tendo no meta Rama o máis destacado, polo que merece por un par de paradas destacadas, ser o MVP do partido.
(O próximo Domingo 7 de xuño, celebrarase o partido de volta no Municipal da Laracha).
Ver menos).

Equipo do Club do Mar onte en Mugardo


Capitanes e trio arbitral

XOGADOR MVP DO PARTIDO