jueves, 2 de abril de 2026

 


¿QUEN E QUEN NO CLUB DO MAR DA TEMPADA 2025/26?

Foto: JMFerreiro

PRESIDENTE e VICEPRESIDENTE

JM GÓMEZ RAPOSO "Manel" e FRANCISCO COLLAZO "Yuli"

Un tanden que comezou no ano 1970 ca organización da festa do Carmen, logo a festa dos Milagros de 1971, no Club do Mar da tempada 1975/76 como directivos con o presidente Pepe Paulos (foron subcampeons por detrás do campeón, a UD Paiosaco da Liga de Arteixo).
"Yuli" (foi Xogador, directivo e adestrador, neste cargo chegou na tempada 1085/86 a final da prestixiosa  Copa da Costa contra o Carnota (0-0) (0-1).
No ano 1978, fundaron a sección de fútbol sala da Peña Royal, participando nas ligas da Coruña e posteriormente de Carballo e da Laracha, compaxinando as tres competicions.
No ano 1984 como directivos da Peña Royal, fundaron o Campeonato de fútbol Plaia "Concello da Laracha", a "Festa do Veraneante", a "Festa da sardiña" e posteriormento a "Festa do mexillón". ésta en colaboración con Marenor de Toribio García.
No ano 1994 puxeronse a frenta da Comisión de festas de Caión en compañía de Emilio Amado (relevando o Club do Mar que levaba 10 anos organizandoas), e desde 1995, como directivos da Peña Royal, fanse cargo da Comisión hasta o pasado ano 2025, que o último día das festas, comunicase a veciñanza de que as deixaban.
E finalmente, desde a tempada 2017/18, fixeronse en compañía dos directivos que se citan a contiuación e con Repi de adestrador (e coa colaboración de Dani Chamorro, como secretario técnico), do timón do Club do Mar que iba a desaparecer, hasta a actualidade, conseguindo estabilizar o Club, e a pesar de estar no exilio, poñelo a altura que Caión se merece, conseguindo un equipo respetado polos contrarios, tanto no deportivo como no institucional, eso sí, con a colaboración do Concello da Laracha, empresas como o sponsor Marenor, os veciños de Caión e amigos e familiares da plantilla como socios, e por suposto con unha plantilla de xogadores excepcional, liderados por o adestrador, Dani Sánchez,  co cual o club sempre estará en deuda con él., e cos axudantes que pasaron polo equipo, Brais Montes, Franpaoli, Borja e o actual David Mosquera.

("Yuli" e a sua ves, Presidente da Peña Royal, e "Manel" o Vicepresidente)

DIRECTIVOS: (De esquerda a dereita)


FRANCISCO VIÑAS VARELA: Directivo Delegado do equipo

FRANCISCO SUÁREZ FUENTE:  Directivo encargado do material

MANUEL MUIÑO:  Directivo

JOSÉ ANTONIO NAYA: Directivo

LUIS MORGADE: Secretario e Tesorero

HÉCTOR MORGADE: Directivo

HÉCTOR MORGADE: Directivo

ANA VARELA BARBEITO:  Directiva

LINA PRIETO: Directiva 


Son unha parte muy importante do Club do Mar, xente que dedica o seu tempo libre en beneficio do Club do seu pobo, un traballo que muy poucas veces e recoñecido, e no caso de Manolo Muiño (foi directivo, delegado e Presidente), José Antonio Naya, e Luis Morgade, mais ainda, xa que non son de Caión, son de A Lagoa (Arteixo), Imende (Carballo) e Arteixo, pero con gran cariño a estes cores, gracias a xente como eles o equipo de Caión subsiste no exilio e representa a nosa Vila alá donde xogamos, e por sorte estos últimos anos con moito orgullo, xa que antes no grupo 1º  Coruña-Ferrol, como no actual grupo 2º, Costa-Santiago, somos valorados e respetados tanto no deportivo como no personal polos equipos e aficions contrarias.

O traballo dos directivos dos clubs aficionados, nunca e valorado como debería, xente que prima o servicio a  sociedade o seu benestar e das xuas familias para o que se entregan en corpo e alma.

¡GRACIAS COMPAÑEIROS!



No hay comentarios:

Publicar un comentario