miércoles, 19 de junio de 2024

 DIRECTIVA DO CLUB DO MAR DE CAIÓN

Acaba de rematar a tempada 2023/24, donde o Club do Mar logrou o seu obxetivo da permanencia, xa que quedou no medio da taboa, no 9° lugar de 18.
Un gol do Victoria na semifinal da LXXXI Copa da Coruña e a pouca puntería, privounos de repetir a visita a Riazor, que podría haber sido o peche de unha gran tempada.
Outra tempada mais que imos competir en Primeira Galicia, nunha liga competitiva e moi bonita, so nos queda saber a composición do grupo no que imos competir, xa que este ano hay novedades nos grupos da Primeira Galicia con un grupo mais.
A xunta directiva compoñemola dez persoas, duas mulleres e oito homes, que en xullo faremos 8 tempadas seguidas no cargo, polo que se convocarán eleccions ahora, pero pola pinta teremos que recuncar outros cuatro anos.
O vivir no exilio deportivo, agrandanse as dificultades para o Club e por suposto para a directiva, moito traballo ter que desplazarse 3 días a semana os adestramentos a Laracha, e logo os días de partido alá donde toque.
E un traballo duro e exigente que nunca e recoñecido nin compensado, e algo que sale de cada un polo sentimiento polo Club do noso pobo, e que negamonos a que desapareza, si desaparece, ahora sí que non volvería, polo que imos loitar hasta que teñamos forza, para que poidamos seguir decindo, Forza Caión.
Pra rematar, agradecer os nosos socios a sua axuda pra manter viva a ilusión, as empresas e as institucions o voso apoio, sin a vosa colaboración non sería posible, os adestradores que fan un traballo impagable, e por suposto os xogadores que sodes o motor do club, e por dar todo cada domingo en defensa dos colores dun humilde pero gran Club do Mar de Caión.
Gracias, gracias e mais gracias, vemonos en xullo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario