sábado, 21 de marzo de 2026

 


¿QUEN E QUEN NO CLUB DO MAR DA TEMPADA 2025/26?


ISMA MARTÍNEZ CORRAL


(Isma chegou o Club do Mar na tempada 2021/22, procedente do Sporting Meicende da Primeira Galicia)

FECHA E LUGAR DE NACEMENTO?

A Coruña, 11/01/1999

ESTUDIO/TRABALLO?

Traballo nunha tenda de zapatillas deportivas

HISTORIAL DEPORTIVO DESDE NENO?

En categorías base no Atletico de Arteixo, Calasanz e Ural, en modestos, no Miño, Meicende e desde fai 5 tempadas no Caión

O TEU PRIMER ADESTRADOR?

Rubén García

ADESTRADOR DO QUE MAIS APRENDÍCHES E MEIORES RECORDOS TES?

Non podo quedarme unicamente con un, Juan Riveiro, Diego Armando e ahora Dani Sánchez, serían os 3 que mais influencia tuveron

O CLUB QUE MAIS CHE MARCOU E PORQUE?

Quizá no Ural  en xuvenís polos dous ascensos en dous anos, e no fútbol modesto no Club do Mar que xa vou pola sexta tempada aquí

DE QUE COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIROS TES MEIORES RECORDOS?

Fixen moitos amigos no fútbol e agora xogo con moitos do meu grupo de amigos de todaa vida, así que imposible quedarme con un

QUEN MAIS SE SACRIFICOU PARA QUE PUIDERAS XOGAR DESDE NENO O FÚTBOL?

Miña nai

A COMIDA QUE MAIS CHE GUSTA?

O churrasco dos viernes

UN SITIO PARA VIVIR?

A Coruña

ADONDE CHE GUSTARÍA VIAXAR?

A Grecia

QUE TIPO DE MÚSICA CHE GUSTA?

Escoito música variada, pero o que mais abunda e o reggaeton

UNHA PELÍCULA?

La sociedad de la nieve

UN ACTOR E ATRIZ?

Luis Zahera

UN CLUB?

RC Deportivo

UN ÍDOLO?

Non teño ningún

UN REFERENTE?

Miña nai

UN DESEXO ?

Conseguir o desexado ascenso 

UNHA ILUSIÓN?

Pisar Riazor co Club do Mar

(Isma e un dos xogadores mais importantes da plantilla do Club do Mar, xogador con moita personalidade tanto no campo como no vestuario)

No hay comentarios:

Publicar un comentario