¿QUEN E QUEN NO CLUB DO MAR DA TEMPADA 2025/26?
PABLO VÁZQUEZ RABUÑAL
(Pablo chegou o Clb do Mar a pasada tempada 2024/25, procedente do Atlético de Arteixo)
LUGAR E FECHA DE NACEMENTO?
Nacin en Arteixo o 29/10/2004
ESTUDIO/TRABALLO
Estou estudando ADE na universidade da Coruña
HISTORIAL DEPORTIVO DESDE NENO
Comecei xogando nas categorias inferiores do Atletico Arteixo, promocionando mais tarde ao senior e dende o ano pasado xogo no Club do Mar
O TEU PRIMER ADESTRADOR
Chamabase Juan
ADESTRADOR DO QUE MAIS APRENDÍCHES E MEIORES RECORDOS TES?
Do adestrador do que mais aprendin e do que mellores recordos teño foi David o que actualmente e o noso segundo adestrador e me adestrou en categoria xuvenil
O CLUB QUE MAIS CHE MARCOU E PORQUE?
O Atlético Arteixo xa que e o clube da miña vila
DE QUE COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIROS TES MEIORES RECORDOS?
Non destacaria ningun por encima dos demais xa que a verdade e que lle teño moito cariño a todos
QUEN MAIS SE SACRIFICOU PARA QUE PUIDERAS XOGAR DESDE NENO O FÚTBOL?
O meu avó, xa que foi o que me espertou as forzas por xogar o futbol e ser do Deportivo
A COMIDA QUE MAIS CHE GUSTA?
Tanto os churrascos que nos fai Hector os venres, como as tortillas que fago eu mesmo
UN SITIO PARA VIVIR?
Arteixo ou Sevilla
ADONDE CHE GUSTARÍA VIAXAR?
Por toda españa
QUE TIPO DE MÚSICA CHE GUSTA?
A verdade e que me gusta todo tipo de musica ende a mais clasica ata a da actualidade
UNHA PELÍCULA?
Torrente
UN ACTOR E ATRIZ?
Un actor eduardo gomez e unha actriz clara lago
UN LIBRO?
Dilly ding, dilly dong
UN CLUB?
O depor
UN ÍDOLO?
Iker casillas
UN REFERENTE?
Dani Aranzubia
UN DESEXO ?
Que ascenda o Depor e o Caión
UNHA ILUSIÓN?
Poder seguir mellorando e disfrutando do futbol con amigos
ALGÚN RECORDO QUE CHE VEÑA A MENTE MENTRAS CONTESTAS ESTAS PREGUNTAS?
Calquera das anecdotas que vivimos xa sexa nas churrascadas ou nos adestramentos do dia a dia
QUERES DECIR ALGO MAIS?
Gustariame agradecer a toda a directiva e xente do clube todo o cariño que nos dan no dia a dia.
(Pablo desde a sua chegada o equipo foise granxeando o cariño dos compañeiros, hasta ser muy querido polo vestiario)
No hay comentarios:
Publicar un comentario