lunes, 16 de marzo de 2026

 Primeira futgal grupo 2º - Xornada 26

MUXIA CF.- 0
CLUB DO MAR. -1
0-1.- Mario Vila (min. 80)
Árbitros: Sande, Lobón e Lobón II
COMENTARIO: Boa tarde para a práctica do fútbol e bon ambiente nas gradas, para un bon partido entre dous equipos da parte alta da clasificación e que os separaba un punto.
Sairon os de Caión con todo na busca dos tres puntos en xogo, contando con varias ocasions, nas botas de Tiago e Totó, e controlando o xogo, o equipo local xogaba a contra, ainda que sin amenazar a portería de Rama.
Na segunda parte continuou a mista tónica de xogo, ainda que os vila da Barca tuveron algún acercamento a portería dos da vila da Virxen dos Milagros, pero con pouco peligro, pola contra por medio de Baldomir, Tiago e Mario Vila, os de Caion tiveron varias ocasions que desbaratou un gran meta local Bouzon, hasta que no minuto 80, Mario Vila culminou unha gran xogada do equipo de Caión, controlando despois o partido hasta o pitido final.
DESTACADOS: Por parte dos locais, xogaron un bon partido, destacando o meta Bouzón e Roberto, pero os da Vila dos Milagros hoxe foron superiores, con un notable como equipo, con un bon Rama, ben o trio de centrales con Martín, Isma e Capi, tamén aprobaros os carrileiros, Mario Vila e Garrote, ben Jacobo e Dani no medio, con Totó, Baldomir eTiago, na punta de ataque.
Romero sustituiu a Martín (lesionado), Adrián a Baldomir, Eloy a Mario Vila e Toti a Tiago.
Hoxe o MVP do partido mereceno todos os xogadores que forman a plantilla do Club do Mar de Caión, e que compoñen un gran equipo no deportivo, pero mais ainda, un gran grupo humano que demostran en cada adestramento e en cada partido baixo o lema ¡A UNIÓN FAI A FORZA!
Foto: campo de futbol de Arliña hoxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario